Pechamos a Casa dos Espellos!

O proxecto que nacera no 2017 por medio dun grupo de investigadoras betanceiras, chegou ao seu fin. Tras publicar catro números da revista vinculada á Asociación de Amigas do Parque do Pasatempo, chegou o momento de despedirse. Quedarán para sempre os catro números da revista, que podedes consultar pinchando en cada unha das portadas: 1... Seguir lendo →

Artigo destacado

Daniel Lucas Teijeiro e Ricardo Varela no “Congreso Internacional Hortus Virtualis: rescates digitales de la jardinería histórica”.

Os amigos Daniel Lucas Teijeiro e Ricardo Varela, autores de varios traballos en Casa dos Espellos, participarán conxuntamente no "Congreso Internacional Hortus Virtualis: rescates digitales de la jardinería histórica". Presentarán o traballo "El Parque del Pasatiempo de Betanzos: recuperación gráfica en 3D de su jardín desaparecido".

Adrián Feijoo IV Coloquio Internacional sobre Violencia Política en el Siglo XX

O compañeiro Adrián Feijoo ven de participar no IV Coloquio Internacional sobre Violencia Política en el Siglo XX organizado pola Red Internacional sobre Violencia Política, o Centre d’Estudis sobre Dictadures i Democràcies / Universitat Autònoma de Barcelona (CEDID-UAB), a Fundació Cipriano García - CC OO de Catalunya, o Memorial Democràtic de la Generalitat de Catalunya... Seguir lendo →

Yosune Duo Suárez

Yosune Duo Suárez é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Tamén é Técnica Superior en Produción de Cine, Televisión, Radio e Espectáculos pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Alí mesmo complementou os seus estudos cursando os módulos de Imaxe e Iluminación. Foi unha das socias fundadoras de Plano Pementa S. Coop.... Seguir lendo →

José Ángel Paz Quintana

Graduado en Educación Social pola Universidade da Coruña e Guía Oficial de Turismo de Galicia. Os seus traballos sempre estiveron vinculados á promoción e posta en valor do patrimonio material e inmaterial para persoas de todas as idades. Ten publicado en revistas como o Anuario Brigantino e é un dos fundadores da empresa turística 77... Seguir lendo →

Carlos Lozano González

Carlos Lozano González (Palencia, 1996) Graduado en Xeografía e Historia e titulado no Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria pola Universidade de Vigo, amais de realizar o Mestrado en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Ten participado en diversos proxectos de investigación da Facultade de Historia de Ourense sobre poder e elites... Seguir lendo →

Alba Garrido Fernández

Alba Garrido Fernández (Ourense, 1997) Graduada en Historia e titulada no Mestrado de Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente curso o Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria pola Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación céntranse nos camiños do exilio republicano español dende o golpe de Estado de 1936, na... Seguir lendo →

Jorge Viz González

Jorge Viz González (Santiago de Compostela, 1994) Graduado en Historia da Arte e mestrado en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte (Interuniversitario) na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente está realizando a súa tese de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela, co título: Intervencións artísticas no espazo público galego... Seguir lendo →

Daniel Lucas Teijeiro no V Encontro Internacional sobre Património Industrial e a sua Museologia

O noso compañeiro Daniel Lucas Teijeiro Mosquera vai participar no V Encontro Internacional sobre Património Industrial e a sua Museologia organizado conxuntamente polo Arquivo Municipal Alfredo Pimenta (AMAP), a Associação Portuguesa para o Património Industrial (APPI-TICCIH Portugal), a Casa de Sarmento – Centro de Estudos do Património (CS-CEP), o Centro Interdisciplinar de Ciências Sociais – Pólo da Universidade... Seguir lendo →

Presentación das revistas Mazarelos e Casa dos Espellos

O vindeiro xoves 8 ás 20 horas terá lugar no Salón Azul do Liceo de Betanzos a presentación do derradeiro número de Casa dos Espellos. O exemplar, editado neste 2021, compartirá presentación co quinto número da revista Mazarelos. A actividade require inscribirse previamente no correo electrónico casadosespellos@gmail.com.

Casa dos Espellos, 4 (2021)

Podes descargar o documento en .pdf pinchando aquí Podes descargar o documento en alta calidade (175MB) en pdf pinchando aquí Consulta os artigos na nosa páxina de Dialnet. Casa dos Espellos, número 4 (2021) ISSN 2603-9583 Ángel Arcay Barral & Daniel Lucas Teijeiro Mosquera – Fontes documentais arredor dos García Naveira (IV): o patrimonio das Escolas e Asilo... Seguir lendo →

Adrián Feijoo no Congreso da Asociación Española de Americanistas

O noso compañeiro Adrian Feijoo Sánchez participará no Congreso Internacional Virtual “XIX Congreso Internacional da AEA: Os camiños de América” que ven de organizar a Universidade de Santiago de Compostela. A presentación do noso compañeiro estivo encadrada na mesa Partidos y movimientos sociales en períodos de transición (ss. XIX-XXI) e levou por título El Triunvirato cívico-militar dominicano a través... Seguir lendo →

Adriana Villamisar

V de Villamisar (Cerceda 1988).Amante dos gatos e das patacas fritas. Licenciada en Publicidade e RRPP con mestrado en Dirección de Arte e docente de mestrado na UVigo, aínda que dende pequena sempre quixo ser folclórica ou astronauta. Na actualidade subsiste como sicaria no mundo da publicidade mentres soña cun futuro mellor. Ás veces tamén... Seguir lendo →

Carmiña Burana

Estudiou cousas que de pouco lle serviron e sobrevive como soldado de fortuna retocando para varios estudios e quitando fotos para diversos clientes. Tamén debuxa, pero iso dalle máis pra divertirse que para pagar facturas. Está sacando o B2.2 de inglés pero ainda non sabe como pronunciar "Beach" e que non sone a "Bitch". Pasa... Seguir lendo →

Adrian Feijoo nas Jornadas Virtuales de Historia de América

O noso compañeiro Adrian Feijoo Sánchez participará no Congreso Internacional Virtual "21. Un año, dos conmemoraciones, diversas Historias de América, 1521-1821” que se vai celebrar en liña debido á situación sanitaria. O obxectivo do congreso será reflexionar sobre as diversas conmemoracións que terán lugar en América durante o 2021, ocasión que aproveitará o investigador betanceiro... Seguir lendo →

David Miguel Rodríguez Martínez

David Miguel Rodríguez Martínez (Teo, 1996) Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de doce meses na Benemérita Universidad Autónoma de Aguascalientes. Cursou o mestrado de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (2019) e o mestrado en Formación de Profesorado (2020). Coordinador de Mazarelos, os seus intereses están vencellados... Seguir lendo →

Mateo Martínez Torres

Mateo Martínez Torres (Ourense, 1996) Graduado en Historia (2018) e Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato (2019) pola Universidade de Santiago de Compostela. Coordinador de Mazarelos e investigador da realidade social e política do Ribeiro no primeiro terzo do século XX. Conta con publicacións recentes en Sémata: ciencias sociais e humanidades,... Seguir lendo →

Roque Sanfiz Arias

Roque Sanfiz Arias (Fene, 1996) Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha entancia de nove meses na Universidade Jagiellonski de Cracovia. É Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea pola Universitat Autònoma de Barcelona (2019). Na actualidade cursa o doutoramento en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. A investigación céntrase na introdución... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑