David Miguel Rodríguez Martínez

David Miguel Rodríguez Martínez (Teo, 1996)

Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de doce meses na Benemérita Universidad Autónoma de Aguascalientes. Cursou o mestrado de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (2019) e o mestrado en Formación de Profesorado (2020).

Coordinador de Mazarelos, os seus intereses están vencellados ás implicacións da migración galega tanto nos lugares de destino como nos de partida e aos estudos de xénero na Galicia contemporánea.

Ten escrito en revistas como Sémata: ciencias sociais e humanidades, Mazarelos: Revista de Historia e Cultura e Horizonte Histórico. Tamén foi financiado pola Fundación Juana de Vega co proxecto “Das que se quedaron. Uso do tempo das viúvas de vivos. Traballo doméstico e condicións socioculturais de xénero (1880-1936)”.

Para saber máis dos seus traballos:

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑