Adriana Villamisar

V de Villamisar (Cerceda 1988).
Amante dos gatos e das patacas fritas. Licenciada en Publicidade e RRPP con mestrado en Dirección de Arte e docente de mestrado na UVigo, aínda que dende pequena sempre quixo ser folclórica ou astronauta. Na actualidade subsiste como sicaria no mundo da publicidade mentres soña cun futuro mellor. Ás veces tamén debuxa e pinta, toca o “cumpleaños feliz” no Casiotone, busca ovnis no ceo e borda mentres bebe cervexa. Se queres salvar a V manda un sms con “SALVAR V” ao 1234.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑