Daniel Lucas Teijeiro no IX Encontro da Mocidade Investigadora

O compañeiro Daniel Lucas Teijeiro ven de participar no IX Encontro da Mocidade Investigadora organizado por investigadores e investigadoras procedentes da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle este encontro os días 20, 21 e 22 de xuño. Este evento desenvólvese, dende o ano 2012, co propósito de favorecer as dinámicas de colaboración, debate e difusión do coñecemento xerado entre estudantes de doutoramento.

O noso amigo presenta a comunicación Del Bronce al cemento: Copias de esculturas de las fundiciones artísticas francesas en el Parque del Pasatiempo (Betanzos, A Coruña) co que amplía os seus traballos sobre a fundición artística en Galicia, tema sobre o que está xirando a súa investigación doutoral.

Neste enlace tedes toda a información do congreso.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑