Ángel Arcay Barral gaña o VI Premio de Investigación Hume

O noso compañeiro Ángel Arcay Barral ven de gañar o VI Premio de Investigación Hume, organizado pola Asociación de Estudios Históricos e Sociais HUME de As Pontes.

O traballo, premiado con 3.000€, leva por título “Mujeres espontáneas: Fragilidad humana y cópula carnal en las comarcas del Eume y Ferrol (XVIII-XIX)” e nel recupera 555 expedientes de mulleres espontaneadas no Arquivo Notarial da Coruña.

A espontánea era unha figura lexislativa exclusiva do territorio galego onde as mulleres declaraban ante a xustiza o seu embarazo fora do matrimonio para lograr un salvoconducto que lles evitase problemas, a cambio de comprometerse a coidar da futura criatura.

Máis información na páxina web da Asociación HUME

E no diario Cultura Galega

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑