Carmiña Burana

Estudiou cousas que de pouco lle serviron e sobrevive como soldado de fortuna retocando para varios estudios e quitando fotos para diversos clientes. Tamén debuxa, pero iso dalle máis pra divertirse que para pagar facturas. Está sacando o B2.2 de inglés pero ainda non sabe como pronunciar “Beach” e que non sone a “Bitch”. Pasa o seu tempo libre vendo docucrimes e poñendo a proba ós seus amigos con comentarios escatolóxicos a cerca das suas deposicións diarias. Gústalle a tortilla, ainda que non toma partido por cebolistas ou sencebolistas. Pero admite que non lle importa que leve un chisquiño de cebola e que prefire que lle sangre o ovo.

Para ver o que debuxa mentres outros resolven crimes:

https://www.instagram.com/carminha_burana/

Para ver o que fotografía para alimentar as súas gatas:

https://www.instagram.com/chapa_y_pintura_inc/

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑