“El Parque del Pasatiempo de Betanzos” xa está dispoñible

Arrancamos o 2021 cunha das mellores noticias posibles para as amigas do Parque do Pasatempo: a publicación do libro <<El Parque del Pasatiempo de Betanzos>>.

Ca autoría de Ángel Arcay Barral, Yosuno Duo Suárez e Jose Souto Santé, tres membros da Asociación de Amigas do Parque do Pasatempo, aparece esta obra na que percorrer, por case cincocentas páxinas, a historia dos irmáns García Naveira, das súas obras filantrópicas e do Parque do Pasatempo.

No caso do xardín, ademais de coñecer a súa historia dende que en 1893 Juan García Naveira comezase ca súa construción, haberá tamén un inventario de 110 fichas nas que se describa cada unha das pezas que decoran e decoraban o Pasatempo.

O libro está autoeditado polos seus autores, e podes conseguilo contactando directamente con eles ou achegándote aos diferentes puntos de venda:

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑