Daniel L. Teijeiro e Ángel Arcay publican no Anuario Brigantino

Outro ano máis, os compañeiros Ángel Arcay Barral e Daniel Lucas Teijeiro Mosquera publican no Anuario Brigantino.

Desta volta comparten autoría xunto a José Ángel Paz Quintana nun traballo que leva por título O Arquivo Verde: Inventario das árbores históricas de Betanzos, na que tratan de facer un percorrido polas especies máis senlleiras da vexetación brigantina.

Este Anuario Brigantino, o cuadraxésimo terceiro, é o referido ao ano 2020 e a súa presentación servíu como colofón a Alfredo Erias, director da Biblioteca, o Museo das Mariñas e o Arquivo Municipal, a quen dende Casa dos Espellos queremos agradecer o seu inmenso traballo por Betanzos e a súa colaboración para sacar adiante as nosas investigacións.

Podedes consultar o traballo premendo neste enlace.

E neste outro enlace poderedes acceder en liña a todos os Anuarios Brigantinos publicados ao longo da Historia.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑