Laura Camino participará nas xornadas Dous mil anos de Ovidio

A nosa amiga Laura Camino Plaza vai participar o día 20 de novembro nas xornadas Dous mil anos de Ovidio, presentando unha comunicación xunto a Brianda Otero que levará por título "¿Cómo son las mujeres de Heroidas? Texto e imagen al servicio del relato" No evento colabora a SEEC Galicia (Sociedad Española de Estudios Clásicos) e vai ser... Seguir lendo →

Advertisements

Jorge Barrecheguren participa na xornada “Infraestructuras, desarrollo industrial y obra pública en el Vigo de mediados del XX”

O noso amigo Jorge Barrecheguren participará o 13 de novembro na "Xornada Divulgativa Infraestructuras, desarrollo industrial y obra pública" que organiza o Instituto de Estudios Vigueses en colaboración con numerosas institucións, entre elas a Asociación de Amigos do Museo de Pontevedra do que Jorge tamén é membro. Estas xornadas tratarán de explicar o contexto industrial que... Seguir lendo →

Laura Camino premiada nos IX Premios á Introducción da Persepectiva de Xénero na Investigación

A nosa amiga Laura Camino Plaza ven de recoller o segundo premio da “IX Edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación” na Universidade de Santiago de Compostela pola súa investigación “Amar en tiempos monásticos: estrategias de representación en el intercambio epistolar entre Baudri de Bourgueil y Constancia de Le Ronceray”. Laura... Seguir lendo →

Ernesto Vázquez-Rey: Día Internacional dos Arquivos no AHP Pontevedra

O noso compañeiro Ernesto Vázquez-Rey Farto vai ser un dos protagonistas do Día Internacional dos Arquivos na vila de Pontevedra. Dentro das diferentes actividades que organiza o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra  para a celebración desta data, Ernesto será o encargado de impartir a conferencia que levará por título "A testamentaría das irmáns Mendoza Babiano". O acto terá... Seguir lendo →

Presentación en Biblos: Casa dos Espellos, 1 (2018)

O pasado 27 de abril presentamos o primeiro número da nosa revista na Librería Biblos de Betanzos. Deixamos aquí algunhas das fotografías e das reseñas recollidas na prensa. Presentación de la revista de investigación Casa dos Espellos en Betanzos La Voz de Galicia La asociación de Amigos do Pasatempo presenta a súa revista  La Opinión... Seguir lendo →

Casa dos Espellos en Dialnet

Xa está dispoñible a nosa publicación en Dialnet. Casa dos Espellos xa conta ca súa propia páxina neste buscador, o que supón estar presente nunha das bases de datos máis importantes para a investigación das Ciencias Sociais e as Humanidades. Este avance foi posible grazas á colaboración da Universidade de Santiago de Compostela. Podes consultar... Seguir lendo →

José Souto Santé – Animaladas

Josiño Souto Santé, alma máter da Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo e creador do blog que dende fai varios anos ven recuperando a historia deste lugar tan particular; acaba de publicar un novo libro. Baixo o título de Animaladas, recrea pequenas historias acompañadas de ilustracións onde os protagonistas son os animais. O propio... Seguir lendo →

Josiño Souto Santé – Desde Coruña con Humor

O noso amigo Josiño Souto Santé, o noso ilustrador de referencia, participa dunha marabillos iniciativa na cidade de A Coruña. Ata o 31 de xaneiro podedes ver traballos que amosan a súa vertente de humorista gráfico na exposición colectiva Desde Coruña con Humor, que estará ubicada na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, na rúa... Seguir lendo →

Seminario sobre o Pazo de Lourizán

Nos próximos días desprazarémonos a Pontevedra para disfrutar dunha nova actividade dos nosos amigos Jorge Barrecheguren Fernández e Ángel Arcay Barral. Eles dous, xunto a Ernesto Vázquez-Rey Farto, Eloy Martínez Soto e Santiago Piñeiro Edreira; veñen de publicar o libro Relatorio sobre a protección do Pazo de Lourizán, que presentarán na Sala de Madeira da... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑