Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Daniel Lucas Teijeiro Mosquera (Betanzos, 1996). Coordinador da revista Casa dos Espellos.

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e estudante do Mestrado Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte pola propia USC e a Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.

Actualmente traballa como bolseiro de colaboración co Departamento de Historia da Arte na Facultade de Xeografía e Historia da USC, afondando nunha das súas liñas de investigación princpais: as fábricas de fundición que existiron en Galicia dende o século XVIII e a súa producción artística.

Membro da Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, onde participa de xeito activo, sendo un dos encargados de facer as visitas guiadas ao Parque do Pasatempo durante o verán do 2017, dentro do Programa de Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude.

Tamén neste ano foi o encargado de realizar as charlas sobre o legado dos García Naveira en diferentes centros educativos da provincia coma no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo ou na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Continuo esta actividade ca súa participación no Congreso sobre Patrimonio Cultural da AMUPO ou nas Conferencias do Anuario Brigantino.

Investigador no eido da Arte, está centrado no estudo da vinculación das figuras do Pasatempo cos diferentes catálogos de pezas que saíron das empresas de fundición francesas dos século XIX e XX, abrindo deste modo unha liña de investigación totalmente descoñecida ata o momento.

Forma parte do Consello de Redacción da Revista Quórum e doutras asociacións como a Asociación Gastronómica Cultural e Deportiva Lar de Unta

Para saber máis dos seus traballos en Casa dos Espellos:

A arte no Pasatempo de Betanzos. Un templete de catálogo

Fontes documentais arredor dos García Naveira: Obras públicas do Parque do Pasatempo no Arquivo Municipal de Betanzos

A arte no Pasatempo de Betanzos (II)entre as súas pezas e os catálogos franceses de fundición artística

Fontes documentais arredor dos García Naveira (II)a chegada da estrada ao Parque do Pasatempo

Máis información sobre as súas actividades:

Conferencias do Anuario Brigantino: Parque do Pasatempo ou o mundo en Betanzos

Daniel Lucas Teijeiro premiado por ter un dos mellores expedientes académicos de Galicia

Daniel Lucas no Congreso sobre Patrimonio Cultural da AMUPO

Entre Clío y Euterpe: Arte y Poder

Revista Quórum, nº1 (2018)

Congreso sobre o Patrimonio Cultural da AMUPO

Daniel Lucas en Murguía: Revista Galega de Historia

Daniel Lucas no Anuario Brigantino 2019

Máis información sobre os seus traballos:

home-academiadialnet

Comentarios pechados

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: