Ángel Arcay Barral gañador do I Premio de Investigación Masonería Aberta

O noso compañeiro Ángel Arcay Barral ven de gañar o I Premio Masonería Aberta que convocan conxuntamente a Facultade de Historia da Universidade de Vigo e o Instituto de Estudos Masónicos de Galicia (IEMG).

O premio estaba destinado a traballos de fin de grao (TFG), traballos fin de mestrado (TFM), teses de Doutoramento ou contribucións cientı́ficas de alto impacto publicadas nos dous anos anteriores.

Para a ocasión, Ángel escolleu a ponencia presentada no V Congresso Internacional Casa Nobre que levaba por título O Parque do Pasatempo de Betanzos: narrativas para comprender un patrimonio profano, onde realiza unha análise pormenorizada da simboloxía masónica da horta de don Juan.

Como explican as bases do concurso, a entrega de premios realizarase nun evento público organizado conxuntamente entre o IEMG, a Gran Loxia Provincial de Castela e a Facultade de Historia da Universidade de Vigo. Dito evento terá lugar en outubro coincidindo coa publicación da seguinte convocatoria do premio.

Podedes mercar aquí o libro: O Parque do Pasatempo de Betanzos.

Moitos parabéns!

Diario La Región – Ángel Arcay recibe el I Premio de Investigación del Instituto de Estudios Masónicos de Galicia 

La Voz de Galicia – Estudios masónicos

Novas do DUVI – Un traballo sobre o Parque do Pasatempo gaña o I Premio de Investigación da Masonería

La Opinión – Premio a un estudio sobre la masonería en O Pasatempo

PAZ POR EL ARBITRAJE PASATIEMPO

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑