Adrian Feijoo nas Jornadas Virtuales de Historia de América

O noso compañeiro Adrian Feijoo Sánchez participará no Congreso Internacional Virtual "21. Un año, dos conmemoraciones, diversas Historias de América, 1521-1821” que se vai celebrar en liña debido á situación sanitaria. O obxectivo do congreso será reflexionar sobre as diversas conmemoracións que terán lugar en América durante o 2021, ocasión que aproveitará o investigador betanceiro... Seguir lendo →

A Coruña a través de sus palmeras – Morriña de Cuba

As amigas da Asociación Morriña de Cuba veñen de publicar o libro A Coruña a través de sus palmeras. O libro, que conta con colaboracións dos nosos amigos Jorge Barrecheguren eÁngel Arcay, trata de repasar a historia da cidade coruñesa a través dos exemplos de palmeira canaria, un dos moitos símbolos dos indianos que transitaron... Seguir lendo →

Laura Camino presenta a súa Tese de Doutoramento

A nosa amiga Laura Camino Plazaven de conseguir o título de Doutora ca súa tese "Carteándose con mujeres: tradición literaria, género y afectos en el círculo del Loira (Francia, ss. XI-XII)" Podedes ler pinchando neste enlace, a reportaxe que lle veñen de dedicar na web da Universidade de Santiago de Compostela. Moitos parabéns!

Daniel Lucas no Congreso sobre Patrimonio Cultural da AMUPO

Baixo o título “Produtos da antiga fundición de Sargadelos: un patrimonio galego por localizar“, o historiador da Arte, Daniel Lucas Teijeiro Mosquera, impartirá unha conferencia na Casa das Campás de Pontevedra o vindeiro martes, 12 de novembro. Co obxectivo de coñecer e valorizar os produtos da Real Fábrica de Fundición de Sargadelos, como pioneira das fundicións en Galicia,... Seguir lendo →

Adrián Feijoo nas Charlas da Biblioteca da Fundación Eugenio Granell

O noso amigo Adrián Feijoo Sánchez, ademais de publicar continuamente en revistas relacionadas co cine -como poderedes ver nas actualizacións da nosa páxina de Facebook-  é tamén un experto noutros temas. Iso demostra a súa participación nas Charlas na Biblioteca da Fundación Eugenio Granell, onde Adrián presentará parte da súa investigación sobre a República Dominicana co... Seguir lendo →

Laura Camino participa nas II Xornadas Muller na Ciencia

A nosa amiga Laura Camino Plaza vai  participar das segundas xornadas Muller na Ciencia, organizadas pola ANEGA (Asemblea Nacional das Estudantes Galegas) na Universidade de Santiago de Compostela. Ca motivación de visibilizar e rematar cos obstáculos que sufrimos as mulleres no ámbito da investigación científica, as xornadas contan con sete investigadoras cun amplo currículo e traxectoria... Seguir lendo →

Ernesto Vázquez-Rey: Día Internacional dos Arquivos no AHP Pontevedra

O noso compañeiro Ernesto Vázquez-Rey Farto vai ser un dos protagonistas do Día Internacional dos Arquivos na vila de Pontevedra. Dentro das diferentes actividades que organiza o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra  para a celebración desta data, Ernesto será o encargado de impartir a conferencia que levará por título "A testamentaría das irmáns Mendoza Babiano". O acto terá... Seguir lendo →

Ángel Arcay Barral – La nación omnipresente

O noso amigo Ángel Arcay Barral, un dos asinantes da solicitude de Ben de Interese Cultural para o Parque do Pasatempo, vai participar no congreso La nación omnipresente: Nuevos enfoques sobre los procesos de nacionalización en la España contemporánea. Este evento celebrarase nos días 6 e 7 de setembro do 2018 entre o Museo do Pobo Galego e a Facultade de... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑