Paz Moreno Feliu

Paz 05

Paz Moreno Feliu,

Formada en Antropoloxía na Universidade Autónoma de Madrid e no University College da Universidade de Londres. A súa tese de doutoramento Estudio de los modos de distribución en una comunidad campesina: Campo Lameiro, Pontevedra (1984), estivo supervisada por R. Harris e dirixida por Ubaldo Martínez Veiga.

Actualmente é Catedrática de Antropoloxía Social na Universidad Nacional de Educación a Distancia e Directora do Centro de Estudos Afrohispánicos. Imparte aulas do Grao de Antropoloxía nas seguintes disciplinas: Antropoloxía Social e Cultural e Antropoloxía Económica. No Mestrado imparte a materia Etnocidio, Violencia Comunal y Genocidio. É directora de numerosas teses de doutoramento, traballos de fin de mestrado e de fin de grao.

Conta con estancias en centros de ensinanza superior como a UAM de Iztapalapa (México), o John Jay College de The City University of New York ou o Departament of Anthropology da Universidade de Toronto.

Realizou traballos de campo en Galicia, o Norte de Portugal e Guinea Ecuatorial abordando problemas da Antropoloxía Económica.

É autora de numerosos estudios, entre os que destacamos El bosque de las Gracias y sus pasatiempos: Raíces de la Antropología Económica (Ed. Trotta) onde o Parque do Pasatempo xoga un papel crucial.

Para saber máis dos seus traballos e da súa traxectoria:

Imaxe relacionadadialnet245px-Wikipedia-logo-v2.svg

Advertisements

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: