(Pontevedra, 1987)
Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, actualmente estuda o Grao en Dirección e Xestión Pública na Universidade de Vigo e realiza a súa tese de doutoramento sobre a aplicación e o desenvolvemento xurídico-administrativo da Lei de Memoria Histórica nas entidades locais galegas na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
No eido cultural, é o Presidente da Fundación Malvar, institución que conserva o legado familiar fundado polo que foi Arcebispo de Santiago de Compostela, Frei Sebastián Malvar e Pinto, sendo tamén o Presidente da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra, entidade adicada á investigación e divulgación cultural.
Ocupou distintos cargos de representación nos órganos colexiados na Universidade da Coruña, formando parte dos procesos de avaliación da ACSUG (Axencia para a calidade do sistema universitario de Galicia), orientados á avaliación da calidade do profesorado universitario. Actualmente fai parte do Consello de Goberno e do Consello Social da Universidade de Vigo e desempeña a secretaría do Tribunal de Garantías na mesma institución universitaria.
Ademáis, é o Secretario da Fundación Alexandre Bóveda, entidade que promove a investigación e difusión do legado de Alexandre Bóveda Iglesias, destacado político galeguista do século XX asasinado no alzamento militar de 1936 e dirixe a publicación Quórum: Revista de Artes, Letras, Ciencias Sociais e Xurídicas.
Para saber máis dos seus traballos en Casa dos Espellos:
O Parque do Pasatempo no arquivo gráfico do Museo de Pontevedra
Para saber máis das súas actividades:
Seminario sobre o Pazo de Lourizán
Ernesto Vázquez-Rey: Día Internacional dos Arquivos no AHP Pontevedra
Para saber máis dos seus traballos: