Adrián Feijoo Sánchez

Photo 2

Adrián Feijoo Sánchez (Bergondo, 1995)

Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Na actualidade está cursando unha maestría sobre Historia Contemporánea na mesma Universidade.

Cofundador e redactor na revista cultural Noitábrega, e redactor na páxina de cinema Macguffin007.com.

Colaborou coa Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, sendo un dos encargados de facer as visitas guiadas ao Parque do Pasatempo durante o verán do 2017, dentro do Programa de Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude. Tamén impartíu varias charlas de temática histórica no CEIP Vales Villamarín de Betanzos.

As súas liñas de investigación e campos de interese inclúen: a expansión e configuración dos movementos fascistas europeos no século XX, a actividade armada e política na República Dominicana durante e tralo Trujillato, e a historia do cinema e a súa relación con temas de índole político-ideolóxica.

Para saber máis das súas actividades:

Revista Noitábrega

Revista Macguffin007.com

Para saber máis dos seus traballos:

linkedin-logo-copy      home-academia

 

Advertisements

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: