Sara Fraga Pérez
Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestra en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte da mesma Universidade.
É investigadora nos campos da historia social, da historia de xénero e das cuestións relacionadas ca indumentaria.
Ademáis de participar na Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, onde foi unha das encargadas de facer as visitas guiadas ao Parque durante o verán do 2017, tamén colabora na asociación estudantil Entre Clío y Euterpe: Arte y poder, que agrupa a novos investigadores nos campos da arte e o poder e ten traballado no xacemento arqueolóxico de Cova Eirós.
Ten participado en congresos con investigacións sobre indumentaria, coma o seu traballo que leva por título Detrás del corsé y la crinolina: la indumentaria de la mujer y el prestigio social en el matrimonio victoriano ou Leva a vida dun home, pero siga sendo unha muller. Moda, feminidade e feminismo.
Durante o 2018 realizou unha estancia na Galería de Arte, Arquitectura e Deseño PROgetto Città (Sicilia), onde asistíu ao comisario da exposición La verità di Luigi Ghersi e ao da Città e paesaggi alternativi. Aquí foi tamén a encargada de dar a conferencia Italia/Spagna in Galleria PROgetto Città, no curso de lingua española da Universidade da Terceira Idade de Barcellona Pozzo di Gotto.
No 2019 foi a encargada de realizar a exposición 25 anos vestindo á EMUF, actividade que compaxinou co seu traballo na biblioteca viguesa Juan Compañel.
Para saber máis dos seus traballos en Casa dos Espellos:
Xardíns temáticos ou arte interactiva? O Parco Museo Jalari e o Parque do Pasatempo.
Para saber máis das actividades nas que participa:
Conferencias do Anuario Brigantino: Parque do Pasatempo ou o mundo en Betanzos
Sara Fraga Pérez no Congreso sobre Patrimonio Cultural da AMUPO
Sara Fraga Pérez, 25 anos vestindo á EMUF
Sara Fraga Pérez – “Unha perna tapa a outra”
Sara Fraga Pérez – III Moda máis que un concepto
Sara Fraga Pérez – Entre Clío y Euterpe: Arte y Poder
Sara Fraga Pérez – Anuario Brigantino 2019
Sara Fraga Pérez – Exposición Vestir Épocas – Museo de Belas Artes
Para saber máis dos seus traballos: